jueves, 19 de junio de 2014

Visita ao campo de golf de Meis

Como remate do curso fixemos unha saída ata o campo de golf de Meis.  Saímos do instituto as 9:20, coa excitación propia de alguén que vai facer unha actividade por primeira vez, iba moita calor  a pesares da hora temperá da mañán. Ao chegar ao campo, enriba no monte, a calor convertiuse en abafante, esperábanos unha mañán impresionante, non se vía nin unha soa nube no ceo azul. A sorte foi que había zonas sombrías e que corría unha lixeira brisa que aliviaba a inclemencia do sol.

Comezamos por unha actividade para encher o tempo ata que comezara a clase de golf, a actividade era a base de probas de inxenio matemático e pistas elaboradas polo propio alumnado. O grupo de 20 separouse en dous pequenos grupos de 10, a expectativa de gañar a proba brillaba nos ollos dos rapaces e rapazas.

Nesta foto vemos ao grupo de 2º de ESO elaborando as súas probas e pistas


Mentres tanto o grupo de primeiro encargábase de ocultar as súas probas no exterior do recinto.

Momento de lecer para os de 1º de ESO unha vez que as probas estaban ocultas. 
Os de segundo tamén toman un descanso antes de comezar
gg

As once e cuarto, finalmente dirixímonos cara a cancha de prácticas para comezar a clase de golf, alí o profesor Javier levounos primeiro a unha zona de sombra para contarnos de maneira breve as regras de golf




e tres horas máis tarde...


martes, 15 de abril de 2014

Concurso matemático

AGAPEMA presenta tres interesantes concursos matemáticos nos que podedes participar.  Toda a información está no seguinte enlace: Concursos matemáticos O prazo remata o 22 de abril.

viernes, 21 de marzo de 2014

A propiedade de Joel

Joel Rodríguez alumno de 3º de ESO descubreu unha curiosa propiedade matemática que seguramente xa sexa coñecida para outros matemáticos, pero iso non lle resta mérito ao seu descubremento.

Estábamos calculando diferenzas de cadrados na aula e mandeilles un exercicio para facer na casa, ao día seguinte comentou que a diferenza de dous números ao cadrado coincidía coa suma deses números, eu, ao primeiro non lle prestei atención xa que esa propiedade non é certa en xeral.

Ese día quedei pensando no que dixera Joel e deime conta de que o que realmente quería decir era que esa propiedade era certa cando os números eran consecutivos, ao día seguinte na aula feliciteino porque a pesar de que eu non lle prestara atención a súa idea es seguiu pensando que era certa, probando deste xeito o dificil camiño dos investigadores que ademáis de ter que lidiar cos baixos ou nulos presupostos para investigación tamén teñen que tentar convencer ao mundo de que os seus resultados son certos.

Noraboa Joel!

No seu honor imos chamala a propiedade de Joel:

A diferenza dos cadrados de dous números consecutivos é igual a suma dos dous números


viernes, 10 de enero de 2014