sábado, 15 de diciembre de 2012

Lotería, matemáticas, El Pais

A Real Sociedade Matemática e El Pais organizan un concurso con motivo do sorteo de Lotería de Nadal. Tedes toda a información nesta páxina.

jueves, 13 de diciembre de 2012

Estrelas

Nesta páxina web creada por Paulo Porta Martínez, hai unha boa clasificación dos corpos xeométricos estrelados.

Figuras de Nadal

Sergio de 3º ESO A pasoume este enlace de papiroflexia para facer figuras de Nadal. Intentade facer algunha. Sorte!

Origami e Nadal

miércoles, 5 de diciembre de 2012

tetraedro 1ª parte

Para elaborar un tetraedro en papiroflexia modular necesitamos dúas pezas, No seguinte video móstrase como acadar a medida do papel que necesitamos.
Comezamos cun folio e unha vez retirado o rectángulo sobrante dividiremos o outro noutros dous rectángulos que acabarán sendo as pezas coas que se montará o tetraedro.
A elaboración das pezas móstrase no artigo "tetraedro 2"


Módulo sonobe 2

Unha vez que temos os dous rectángulos coas medidas precisas, ver tetraedro 1, podemos elaborar as pezas necesarias para montar o tetraedro.
Un tetraedro necesita duás pezas iguais pero con distinta orientación.