sábado, 15 de diciembre de 2012

Lotería, matemáticas, El Pais

A Real Sociedade Matemática e El Pais organizan un concurso con motivo do sorteo de Lotería de Nadal. Tedes toda a información nesta páxina.

jueves, 13 de diciembre de 2012

Estrelas

Nesta páxina web creada por Paulo Porta Martínez, hai unha boa clasificación dos corpos xeométricos estrelados.

Figuras de Nadal

Sergio de 3º ESO A pasoume este enlace de papiroflexia para facer figuras de Nadal. Intentade facer algunha. Sorte!

Origami e Nadal

miércoles, 5 de diciembre de 2012

tetraedro 1ª parte

Para elaborar un tetraedro en papiroflexia modular necesitamos dúas pezas, No seguinte video móstrase como acadar a medida do papel que necesitamos.
Comezamos cun folio e unha vez retirado o rectángulo sobrante dividiremos o outro noutros dous rectángulos que acabarán sendo as pezas coas que se montará o tetraedro.
A elaboración das pezas móstrase no artigo "tetraedro 2"


Módulo sonobe 2

Unha vez que temos os dous rectángulos coas medidas precisas, ver tetraedro 1, podemos elaborar as pezas necesarias para montar o tetraedro.
Un tetraedro necesita duás pezas iguais pero con distinta orientación.


martes, 24 de julio de 2012

Ecuación da recta

O seguinte enlace diríxete á páxina de Didactalia GNOSS onde atoparás un video cunha  explicación detallada de como calcular a ecuación explícita da recta coñecendo a pendente e un punto

Ecuación da recta

domingo, 24 de junio de 2012

Laberintos. Traballo do alumnado

Neste artigo iremos colgando todos os vosos traballos relacionados coa actividade dos laberintos. Traballo realizado por Lucía Otero, Samantha, Nerea Gómez e Isabel Uzal  Laberintos

miércoles, 20 de junio de 2012

Carreira polos laberintos

A pesar do vento do sur e dunhas pingas de auga que nos mollaron, a actividade de deseño de laberintos na praia rematou con esta carreira colectiva.
Pasamos unha mañán entretida acercando as matemáticas á vida real. Despois de participar no concurso Open Matemático que este ano levaba o lema dos laberintos, so quedaba pechar o ciclo facendo algunha actividade relacionada con eles. Primeiro tentamos pintar un laberinto no patio do centro, que quedase de forma permanente para disfrute do alumnado  pero os recortes presupostarios impediron que o poidéramos realizar. Finalmente optamos por unha obra efímera sen continuidade no tempo, sen embargo a parte lúdica cobrou máis forza como podedes observar no video que sigue.


viernes, 15 de junio de 2012

Algo máis sobre laberintos

Para ir preparando a actividade sobre laberintos que imos a realizar na praia a semana que ven
aquí tedes un pouco máis de información nesta bonita presentación de Mauro Romero

Open publication - Free publishing - More laberintos

No seguinte blogue  Pinturas de Javier Ventura podedes ver seis pinturas do "Minotúnido e o laberinto da almadraba"

Clasificacion Xeral Final OPEN

Entrega premios OPEN Matemático

Estas son as fotos da entrega de diplomas aos mellores clasificados do OPEN MATEMÁTICO deste curso


1º clasificado Marcos Soutullo












miércoles, 29 de febrero de 2012

Clasificación Xeral 6ª Xornada

Non esquezades que mañán as 16:15 comeza a concentración para realizar a última xornada do Open Matemático.
Animádevos a participar.

sábado, 25 de febrero de 2012

Clasificación Xeral 5ª Xornada

lembrovos que o luns 27 remata o prazo para entregar a 6ª xornada e
que o xoves 1 de marzo as 16: 15 é a concentración para realizar a 7ª
xornada.

Podedes traer calculadoras e material de debuxo.

martes, 24 de enero de 2012

2ª Xornada



Estos son os problemas da segunda xornada, tedes ata o luns 30 no primeiro recreo, ánimo!

lunes, 23 de enero de 2012

viernes, 20 de enero de 2012

Open Matemático

Non vos esquezades que o próximo luns no primeiro recreo remata o prazo para a primeira entrega do Open Matemático.
Animo!


viernes, 13 de enero de 2012

jueves, 12 de enero de 2012

OPEN MATEMÁTICO


Dende o luns 9 de xaneiro tedes na fotocopiadora os primeiros problemas para poder participar no concurso de matemáticas que todos os anos celebramos neste instituto.
O concurso ten a súa sede en Valencia e está coordinado polo profesor Antonio Ledesma. Este ano a súa temática versa sobre os laberintos. Por certo as bases tamén as podedes consultar na fotocopiadora ou preguntándolle ao teu proferor ou profesora de matemáticas.
Anímate a participar!

martes, 10 de enero de 2012

Video de titoría

Neste enlace atoparedes un titorial para aprender a facer un proxecto audiovisual coa ferramenta Celtx.

Celtx