martes, 20 de diciembre de 2011

Outra tarde de traballo voluntario na árbore de Sierpinski

Os alumnos de 3º ESO B acudiron voluntariamente ao centro tres tardes para construir a árbore de Sierpinski, a primeira das tardes foi para ver o espazo onde pensabamos colocar a árbore, tomar medidas e decidir que tamaño tería a nosa construcción final. As outras dúas pasaron o tempo elaborando tetraedros e pegando os distintos módulos.



 O xoves foi a segunda das tardes nas que estiveron traballando no instituto, ese día conseguiron montar 5 tetraedros formados por 64 tetraedros pequenos faltaban todavía 11 módulos por construir. Un pequeno grupo tamén decidiu traballar pola súa conta esa fin de semana e conseguiron elaborar outros 5 módulos. O luns foi o terceiro día que vñeron pola tarde e por fin chegaron aos 15 módulos. Só nos quedaba un!
Nas seguintes fotos veredes o traballo realizado













No hay comentarios:

Publicar un comentario